-
CELEBRACIÓN VIRGEN MILAGROSA
A Virxe María apareceuselle a unha Filla da Caridade chamada Catalina. Catalina Labouré era unha muller sinxela, anónima, descoñecida para o mundo en xeral pero para a cal a oración era algo fundamental na súa vida. Catalina obtivo todas as gracias pola intensidade da súa oración. Díxose dela que foi a Santa do silencio, porque […]
-
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro de 1969 as irmás Mirabal foron brutalmente asasinadas por loitar na defensa dos seus dereitos. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas escolle esta data para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha lacra aínda presente na actualidade. A escola é un dos contextos de socialización máis […]
-
Centro Referente en Dereitos da Infancia e da Cidadanía Global
O noso colexio, o Colexio Sagrado Corazón ven de recibir de UNICEF o recoñecemento como Centro Referente en Dereitos da Infancia e da Cidadanía Global no nivel 1. Para optar a dito recoñecemento tivemos que superar unha auditoría en catro ámbitos: coñecemento dos dereitos da infancia polo noso alumnado e pola comunidade educativa, a participación […]
-
Consumo responsable, experimentos, coidado da contorna, magosto e moito máis!
Tal e como prometemos, aquí estamos de novo cargados de actividades para ensinarvos! Comezamos contándovos que o alumnado de 2º EP tivo unha brillante idea para aproveitar os froitos secos que lles sobraron da merendola da semana pasada. Con parte dos produtos sobrantes elaboraron marmelada de caqui e bola de noces. Aquí deixamos a proba […]
-
Semana frenética!
Este ano outubro segue sendo sinónimo de aprendizaxes na contorna. O tempo permite que as aulas do centro se trasladen a espazos da nosa contorna adquirindo así coñecementos dun xeito moito máis efectivo e práctico. E como non, cheas de diversión! Un cóctel perfecto. O alumnado de 2º EP realizou unha saída didáctica a Vilaselán […]
-
Comezamos un novo curso!
Comezamos o curso 2022-2023 con enerxías renovadas para camiñar de novo xuntos pola educación e benestar do noso alumnado. Na nova andaina teremos presente o lema deste curso: «construimos soños de paz«. Outubro trouxo moitos días soleados, con temperaturas moi agradables que permitiron que o alumnado realizase actividades fóra do colexio. Nestas saídas culturais e […]
-
GRADUACIÓNS 2021-2022
O venres foi un día de emocións no colexio coas graduacións do alumnado de 6º de EP que en setembro xa será da ESO e do alumnado de 4º de ESO que deixa o colexio para comezar unha nova etapa e seguir perseguindo os seus soños. O colexio é para sempre a vosa casa. Tedes […]
-
Por fin chegaron as saídas culturais!
A pandemia pola Covid-19 cambiou as nosas vidas de repente. Pouco a pouco fomos adaptándonos á situación seguindo as distintas medidas de seguridade propostas pola Consellería de Educación e Sanidade. Comezamos o actual curso académico nunha situación moi similar ao anterior mais, pouco a pouco, a tan ansiada melloría foi chegando e con ela a […]
-
EN QUE TRABALLAN MAMÁ E PAPÁ?
Durante o curso foron moitas as mamás e moitos os papás que achegaron o seu traballo ás aulas. Visitaron ao alumnado para explicarlles como é o seu día a día laboral e puxeron en práctica as múltiples actividades características do seu traballo. Os nenos e as nenas disfrutaron moito destas xornadas, pois están aprendendo moitas […]
-
GOTAS PARA NÍXER
Que alegría poder celebrar de novo a carreira solidaria «Gotas para Níxer» en colaboración con UNICEF! O noso alumnado encheu as rúas da vila cunha mensaxe de compromiso e solidariedade. Nesta edición colaboramos con UNICEF para que ningunha escola quede sen acceso a auga potable e, a maiores, colaborar coa situación de emerxencia vivida en […]