O venres foi un día de emocións no colexio coas graduacións do alumnado de 6º de EP que en setembro xa será da ESO e do alumnado de 4º de ESO que deixa o colexio para comezar unha nova etapa e seguir perseguindo os seus soños.
O colexio é para sempre a vosa casa. Tedes os mimbres para ser grandes profesionais e mellores persoas, conducídevos con humildade e sinxeleza, seguindo o noso lema «saber máis para servir mellor».
Grazas por ser os nosos alumn@s!