Comezamos un novo curso!


Comezamos o curso 2022-2023 con enerxías renovadas para camiñar de novo xuntos pola educación e benestar do noso alumnado. Na nova andaina teremos presente o lema deste curso: «construimos soños de paz«.

Outubro trouxo moitos días soleados, con temperaturas moi agradables que permitiron que o alumnado realizase actividades fóra do colexio. Nestas saídas culturais e lúdicas primou o coñecemento da contorna e o respeto polo medio, a importancia que ten o coidado da casa común.

Ti sabes o que nos contan os sinais da rúa? Preguntádelle ao alumnado de 6º EI pois colleron o seu caderno e tomaron boa nota delas durante a actividade de Educación Vial ao redor do colexio.

O alumnado de 5º EP, dentro do proxecto «A árbore dos desexos», iniciaron a Ruta da Pontenova, o camiño do mineral ata o Cargadoiro de Ribadeo. Gozaron da contorna, do percorrido polo túneles, de grandes subidas axudados por cordas, da historia e das amizades. Unha gran xornada!

O alumnado de 6º e 4º EP realizaron a Ruta das Aceas. Cun bo paseo con vistas á Ría de Ribadeo os nenos e nenas coñeceron máis sobre a nosa contorna, o seu valor e polo tanto a importancia que ten o coidado da mesma.

O alumnado de 3º EP gozou dunha gran xornada de sendeirismo. Tiveron un día espectacular e o valor da amizade brillou.

Estes días tan bos permitiron que os nenos e nenas de EI poideran merendar fóra do colexio, ao aire libre. O alumnado de 3 anos na Praza de San Roque e os de catro e cinco anos no parque! Estivo xenial gozar así do tempo de lecer!

Pero dentro da aula tamén hai tempo de aprender de xeito lúdico. Os máis pequenos xa comezaron coas festas das cores, esta vez, o amarelo! Mirade, mirade!

Son moitas as actividades realizadas nas aulas e os recursos utilizados, por exemplo, o alumnado de 3º EP ensina o modelo xeoquímico do interior da Terra dun xeito moi visual e didáctico.

O mes de outubro estivo xenial pero temos por diante un curso cheo de novas aventuras, saídas, actividades e proxectos, en definitiva, cheo de novas aprendizaxes que vos iremos contando!


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.