Semana frenética!


Este ano outubro segue sendo sinónimo de aprendizaxes na contorna. O tempo permite que as aulas do centro se trasladen a espazos da nosa contorna adquirindo así coñecementos dun xeito moito máis efectivo e práctico. E como non, cheas de diversión! Un cóctel perfecto.

O alumnado de 2º EP realizou unha saída didáctica a Vilaselán coa que coñeceron a riqueza da nosa contorna da man dun gran experto, Manolo da Redonda.

Da súa man aprendimos a importancia dos produtos de proximidade para levar unha alimentación de calidade, fundamental para adquirir hábitos acordes a unha dieta sa e equilibrada.

Na nosa contorna temos un produto de proximidade de gran calidade que é fundamental coñecer para poder valoralo. Reporta grandes beneficios que o noso alumnado coñeceu de primeira man e seguro que lles permitirá valoralo adquirindo bos hábitos xa a idades temperás, fundamental tamén para poder asentar poboación no enriquecido rural que nos rodea.

Gozamos dunha gran xornada! Grazas Manolo!

Grandes investigadores/as saíron das aulas de 3ºEP para analizar a biodiversidade presente ao redor do colexio, aquí en Ribadeo. Ataviados co instrumental necesario para a súa investigación saíron do colexio en busca de seres vivos para o seu estudo.

O estudo dos seres vivos e dos seus ecosistemas é fundamental para que adquiran hábitos responsables co coidado do medio ambiente.

O estudo da biodiversidade da contorna permite analizar aquelas prácticas que supoñen unha ameaza para os ecosistemas estudados. Poideron descubrir os seres vivos, estudalos e determinar que prácticas poden danar o equilibrio dos seus ecosistemas podendo chegar a desaparecer, fundamental para corrixir aqueles hábitos contrarios a unha conducta responsable co medio ambiente e adquirir prácticas responsables co seu coidado, fundamental para unha boa calidade de vida.

As actividades tamén se trasladan ás aulas. O alumnado de 2º EP celebrou o outono cun almorzo moi especial. Coñeceron as froitas típicas desta época e fixeron unha degustación. Foron moitos e moitas as que se atreveron a probar froitas e froitos que nunca degustaran e os cales lles encantaron! Aquí tedes a proba de canto gozaron con esta aprendizaxe!

A natureza é unha fonte increíble de aprendizaxe e de xogos e senón preguntádelle aos nenos e nenas de EI. Ollade:

E tamén tiveron tempo para celebrar unha nova festa da cor! Neste caso, o amarelo! Ollade o vídeo con todas as actividades que realizazon no seguinte enlace:

https://www.facebook.com/csagradocorazo/videos/1624395041309961

E finalmente chegou o Samaín! O cole encheuse de diversas e terroríficas actividades e disfraces. Alumnado e profesorado estaban espantosamente guapos e guapas.

E finalmente o alumando de EI e EP xuntáronse no salón de actos, renovado e sen butacas, para cantar un par de pezas. Converteuse nun lugar de encontro moi especial! É un gusto velos xuntos e unidos. No seguinte enlace tedes a proba que o demostra:

https://www.facebook.com/csagradocorazo/videos/865176491522069

E para rematar, a tan ansiada mostra en EI de cabazas terroríficamente chulísimas.

https://www.facebook.com/csagradocorazo/videos/1099846984227778

Como xa vos dixemos, a semana foi frenética! Ata a próxima!


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.