Tal e como prometemos, aquí estamos de novo cargados de actividades para ensinarvos!
Comezamos contándovos que o alumnado de 2º EP tivo unha brillante idea para aproveitar os froitos secos que lles sobraron da merendola da semana pasada. Con parte dos produtos sobrantes elaboraron marmelada de caqui e bola de noces. Aquí deixamos a proba de como estes nenos e nenas valoran o consumo responsable, utilizando produtos de km0 sobrantes. E mirade que boa pinta!
Mentras tanto o alumnado de 6º de EI realizou un experimento que vos queren mostrar. No seguinte vídeo, fixádevos ben no vaso do medio. Se mesturamos cor vermello e amarelo obtemos laranxa pero…con papel transparente! Onde quedan as cores?
E seguimos traballando a favor do coidado da contorna. O alumnado de de 1º a 4º de EP tivo unha visita moi especial, Rosco de Casa Grande de Xanceda, un orizo cacho que nos explicou a importancia do coidado da contorna e do medioambiente en xeral. E deunos un agasallo, un lapis que se convertirá en árbore!
Chegou o día de celebrar o magosto! Un día de moitas aprendizaxes, moita unión, sentimento de comunidade, de compañeirismo e amizade. Gozamos con todas as actividades realizadas! Mirade que ben o pasaron e que guapiños e guapiñas estaban!
Non se entende magosto sen cantigas!
E de baile tamén!
E como non, as raíñas do magosto estaban boísimas!
E máis cantigas!
E moita celebración! Con pandeiretas!
Non hai festa sen foguetes!
Gozamos moito con esta celebración! Para a próxima, máis e mellor!