O noso colexio, o Colexio Sagrado Corazón ven de recibir de UNICEF o recoñecemento como Centro Referente en Dereitos da Infancia e da Cidadanía Global no nivel 1.
Para optar a dito recoñecemento tivemos que superar unha auditoría en catro ámbitos: coñecemento dos dereitos da infancia polo noso alumnado e pola comunidade educativa, a participación infantil e adolescente, o entorno protector que se ten no centro e o clima escolar.
A xefa de estudos transmite a satisfacción de todo o centro posto que isto «permite que os nenos e nenas vexan que co seu traballo poden cambiar o mundo, que son importantes para a toma de decisións e que necesitan saber como deben tomalas tendo en conta todo o que os rodea, o que coñecen e como vai ser o futuro.»
Seguiremos guiando ao alumnado na toma de decisións a través dos principios de inclusión, de equidade, de solidariedade e sustentabilidade do planeta e de calidade. Seguiremos traballando por e para o alumnado, mellorando día a día para optar ao nivel 2 en próximos cursos académicos.
O recoñecemento chega un día moi importante, o 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, durante o cal se realizaron unha serie de actividades e dinámicas en todo o centro que queremos mostrarvos.
En Educación Infantil realizaron diversas actividades e xogos ademais de informarnos sobre os dereitos da infancia por medio dunha canción que lles saiu xenial.
En 1º e 2º de EP convertéronse en superheroes e superheroínas. Comprometémonos a utilizar os nosos superpoderes: super sorriso, visión de raios contra as inxustizas, coraxe, imaxinación, oídos ultra escoita e gran corazón cos cales nos aseguramos un futuro mellor para o todos e todas coidándonos entre nós e coidando o planeta.
En EP temos outras actividades coas cales o alumnado coñeceu os seus dereitos, atopou o significado dos mesmos dun xeito lúdico e cun resultado final así de bonito:
Se queredes obter máis información, estade atentos ao que nos explican o alumnado de 6º EP por medio do seguinte vídeo. Coas súas voces deixan claro cales son os seus dereitos e a importancia de coñecelos, para así valoralos e defendelos.
En ESO, visualizaron o documental «Binta y la gran idea» a través do cal poideron analizar as distintas emocións que surxen cando están garantidos os nosos dereitos e cando non. Como di no documental, para progresar e salvar a humanidade temos que «facer coma os paxaros, coller o mellor do norte e o mellor do sur». Animámosvos a botarlle unha ollada a este documental co cal o noso alumnado puido extraer diversas e importantes reflexións moi útiles para a toma de decisións e para a formación de cidadáns e cidadás críticos e responsables co medio que os rodea. O coidado das emocións e da saúde mental está directamente relacionado coa protección dos nosos dereitos.
TODO O PROFESORADO, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, ESTAMOS ORGULLOSOS DE VÓS. ORGULLOSOS E ORGULLOSAS DO NOSO ALUMNADO! NORABOA!
GRACIAS!