O 25 de novembro de 1969 as irmás Mirabal foron brutalmente asasinadas por loitar na defensa dos seus dereitos. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas escolle esta data para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha lacra aínda presente na actualidade.
A escola é un dos contextos de socialización máis importantes para o noso alumnado de aí que sexa fundamental combater a violencia de xénero desde o ámbito educativo. Para iso desenvólvense multitude de prácticas e dinámicas diarias, ademais das realizadas o 25 de novembro. Existen moitas formas de violencia, a maioría sutís e pouco evidentes que debemos detectar e traballar para erradicalas e así ir rematando coas bases que desembocan en formas de violencia máis evidentes.
En Educación Infantil levantan as mans en contra da violencia de xénero e a prol da igualdade. A concienciación desde idades temperás é fundamental.
Outra das dinámicas que desenvolveron en Educación Infantil e cursos de Educación Primaria leva por título: Mirámonos e aceptámonos. Traballar a autoestima é unha base primordial na loita contra calquer tipo de violencia. Protexémonos.
Empatía: «Identificación afectiva cos sentimentos ou estado de ánimo doutra persoa». Desde Educación Primaria deixan claro «o que non nos gusta dicir e o que tampouco queremos oír» e refléxano nunha serie de murais que rearfirman máis a súas conviccións.
Toda a Comunidade Educativa, desde as aulas e desde calquer ámbito da nosa vida, seguiremos comprometidos na loita contra a violencia de xénero e seguiremos sendo medio transmisor de tolerancia cero e centro de traballo por medio de actividades e dinámicas acordes a unha educación en igualdade.
O Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo di NON á Violencia de Xénero.