A Virxe María apareceuselle a unha Filla da Caridade chamada Catalina. Catalina Labouré era unha muller sinxela, anónima, descoñecida para o mundo en xeral pero para a cal a oración era algo fundamental na súa vida.
Catalina obtivo todas as gracias pola intensidade da súa oración. Díxose dela que foi a Santa do silencio, porque non se fixo notar, pero o seu silencio non estaba baleiro, non era pasivo, senón que estaba cheo da presenza de Deus. Porque Deus fala no silencio.
As palabras de María a Catalina tamén van dirixidas a cada un de nós. María dinos: «Vide ao pe deste altar. Acudide a min con confianza. Estes raios de luz son símbolo de todas as gracias que concedo aos que mas piden».
Rogámoslle a María por todas as persoas que sofren as concecuencias das guerras, da fame e das inxustizas. Polas que teñen dificultades, que pronto atopen unha solución. Pola nosa familia e por todas as persoas que se ocupan do noso benestar.
Rogámoslle polas Fillas da Caridade, especialmente por toda a Comunidade deste Colexio e pola Familia Vicenciana, para que continúen, con agarimo, atendendo aos máis necesitados.
Rogámoslle a María por nós, para ser mellores cada día e para que vivamos coa mirada atenta ao que pasa ao noso arredor sendo sensibles aos problemas dos demais.
O 27 de novembro de 1930, ás 17:30 h, no medio dun profundo silencio a Virxe apareceuselle a Catalina Labouré, ao pé do mesmo altar, de pé sobre a esfera do mundo ás súas plantas, cun globo nas mans para dicirlle: «O globo que ves representa o mundo enteiro e cada alma en particular». Os seus dedos enchíanse de aneis e pedras preciosas saíndo deles raios de luz por todas partes. E dixo: «Os raios de luz son símbolo das gracias que a Santísima Virxe concede a todos os que llas piden». E ao redor da Virxe formouse un cadro de ouro cunha inscrición que dicía: «Oh María sin pecado concebida, rogad por nosotros que recurrimos a vos».
«Haz acuñar una medalla igual a este modelo. Todas las personas que la lleven con confianza, colgada al cuello, recibirán grandes gracias»