Durante o curso foron moitas as mamás e moitos os papás que achegaron o seu traballo ás aulas. Visitaron ao alumnado para explicarlles como é o seu día a día laboral e puxeron en práctica as múltiples actividades características do seu traballo. Os nenos e as nenas disfrutaron moito destas xornadas, pois están aprendendo moitas cousas dos e das mellores!
Raquel é enfermeira nas Urxencias do Hospital da Mariña. Soubemos que os enfermos e as enfermas poden chegar en helicóptero e coñecimos material diverso para realizar probas. Finalmente escaiolamos á Nancy que estaba lesionada. Grazas Raquel!
Joksan é soldador. Poidemos traballar con diferentes ferramentas e fascinounos velo soldar! Moitas grazas Joksan.
Felipe é inspector de seguros. Ensinounos como a pandemia e os diferentes avances foron modificando o seu traballo. Ademais aprendimos a cubrir diferentes documentos. Xa somos uns expertos! Graciñas Felipe.
Mario é comercial e veu cargado cun montón de ferramentas para ensinarnos; entre elas, un parafuso dun submarino! E poidemos tocalo! Moitas grazas Mario!
Ovidio é mecánico. Trouxo moitas ferramentas que utiliza no taller, ensinounos a súa utilidade e múltiples curiosidades sobre os vehículos. Graciñas Ovidio.
Da man de David convertémonos en grandes expertos e expertas en engranaxes e o traballo das grandes máquinas nas fábricas. Grazas David!
Co papá de Julián aprendimos a realizar arranxos achegándonos ás profesións de albanel, pintor e fontaneiro. Foi unha xornada de duro traballo pero sempre coas medidas de seguridade presentes. Canto disfrutamos! Moitas grazas.
Jose, Garda Civil Xudicial, achegounos ao mundo da investigación. Estes pequenos investigadores e investigadoras realizaron un seguimento de pegadas que lles encantou. Grazas Jose.
Esta é unha pequena mostra das visitas realizadas neste curso, pero seguro que actualizaremos a entrada no blog con máis superheroes e superheroínas!
MOITAS GRAZAS!