Por fin chegaron as saídas culturais!


A pandemia pola Covid-19 cambiou as nosas vidas de repente. Pouco a pouco fomos adaptándonos á situación seguindo as distintas medidas de seguridade propostas pola Consellería de Educación e Sanidade.

Comezamos o actual curso académico nunha situación moi similar ao anterior mais, pouco a pouco, a tan ansiada melloría foi chegando e con ela a relaxación das medidas e protocolos de seguridade ata que, por fin, poidemos realizar saídas culturais co noso alumnado; saídas coas que gozamos e aprendemos moito. Moitas delas foron realizadas pola nosa contorna xa que, o que non se coñece, non se valora.

Queremos ensinarvos unha pequena mostra das múltiples saídas realizadas, sen contar coas decenas de actividades, charlas, obradoiros e certames nos que o noso alumnado sempre participa.

Visita ao Parque de Bombeiros de Barreiros. O alumnado de 4º de EI estivo moi atento ás explicacións comprobando o difícil e emocionante que é este traballo.
O alumnado de 5º EI achégase á praza de abastos para coñecer o produto de proximidade e os beneficios do mesmo.
Tiveron tempo tamén para visitar o Acuario de Xixón!
Visitamos Marcelle! O alumnao de 6º de EI gozou dunha gran xornada de Natureza e amizade.
1º e 2º de EP peregrinaron ata Vilaselán para facer unha ofrenda floral á Virxe
Os nenos e nenas de 1º EP visitaron o Parque de Vida, en Luarca. Pasárono xenial!
2º EP goza da Natureza na Granxa Escola!
O alumnado de 3º EP pasou unha gran xornada realizando a Ruta dos Miradoiros. Canto aprenderon!
Coñecedes a Ruta das Aceas? Non? Pois preguntádelle ao alumnado de 4º de EP que gozaron pola contorna da nosa ría na mellor das compañas!
Foron varios os cursos de EP que aprenderon con Xira Paus da man de Trécola Produccións.
Os de 5º de EP achegáronse ao Road Park! Participaron en circuítos entre as ábores, tirolina, paintball e variados xogos! Pasárono en grande!
Ata o Road Park tamén se achegaron os alumnos e alumnas de 3º de EP. Non descansaron en toda a xornada participando en diversas e emocionantes actividades.
6º de EP percorreu o tramo do Camiño Norte desde Ribadeo á Ponte. Escoitamos con atención a explicación sobre o papel da capela como centro mariano, no Camiño Norte e na Guerra da Independencia. Poideron ver tamén o bandeo do pendón e gozar da Regueifa da man de Lupe Blanco.
6º EP na Ruta do Ferrocarril
Ribadeo Antigo! 1º ESO descubriu que aínda queda moito por coñecer da nosa vila.
Ao igual que os seus compañeiros e compañeiras, o alumnado de 2º ESO aprendeu moito co «Ribadeo Antigo» organizado polo Concello de Ribadeo. Sorprendéronse da gran historia agochada nas nosas rúas e que tanto enriquece ao noso pobo.
E que dicir da riqueza do noso litoral! 1º e 2º ESO pasou unha xornada descubrindo a riqueza biolóxica e xeolóxica da costa visitando varias praias, entre elas, a de As Catedrais, donde nos agardaba o xeólogo Fran Canosa para realizar a Ruta dos Arcos e así coñecer para valorar e coidar o noso medio.
2º ESO participou nun Escape Room sobre o maltrato aprendendo por medio de xogos e divertíndose co traballo en equipo.
Ao Parlamento de Galicia chegou o alumnado de 3º ESO. Fixeron unha visita ao Parlamento, onde os recibiron varios deputados e visitaron os tellados da Catedral de Santiago.
4º ESO participou do «Ribadeo Ilustrado» da man da Compañía Os Quinquilláns

Sabedes que? Que tamén poidemos realizar a excursión fin de curso en 6º de Educación Primaria, a Cantabria, e en 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, a Madrid. Por fin!

6º EP en Cabarceno e en Santillana del Mar
Palacio da Magdalena, en Santander
4º ESO na Praza Maior de Madrid
Realizando outras visitas e actividades por Madrid. Canto se divertiron na Warner!

Grazas a todo o profesorado e ás familias do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo por facelo posible!


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.